© 2018 by APARIT STUDIO

Praza San Agustín, 1, 15001 A Coruña

Suscríbete

Esta fin de semana celebraráse a última edición de Galerías San Agustín CREADORES ata a volta do verán

June 6, 2018

 

Galerías San Agustín volve esta fin de semana coa última edición de CREADORES ata Setembro. Como todas as segundas fins de semana de cada mes dende Marzo, diferentes marcas e artistas emerxentes expoñerán a súa venda de productos na primeira planta do Mercado de San Agustín. Marcas como Somos Océano denominada como “moda atlántica sostible” ou Baenacode da man da diseñadora local Laura Baena. Tamén estará presente a pintora Lola Saavedra coa súa obra ou a xoiería creativa de Only Nice Things entre unha máis de vinte participantes de diferentes sectores coma moda, arte e complementos.

 

 

 

 

 

A música e actividades non faltan en Galerías San Agustín. O sábado haberá sesión Vermut co coñecido dj local “Ramone” mentres que pola tarde haberá música en directo ás 18:00h con “Allaloba”. Tamén impartiráse un taller de “Tapping” dirixido por Yolanda Iglesias. O Domingo a sesión Vermut correrá a conta de Dj Cuco, seguido do concertó de Edu Calvario a partir das 17:00h ata o peche ás 19.00h. Haberá tamén  un concurso de debuxo da man da marca participante Farrapos e un taller de plastilina caseira non tóxica, así coma actividades gratuitas continuadas como xogos de mesa, pinta e colorea, twister e nintendo switch, etc. Tampouco faltarán gastronomía, como La Tacaña ou Croqueta e presumida entre outros.

 

 

Para se inscribir nos talleres e actividades, poderáse enviar un email a galeriassanagustin@gmail.com ou ben no punto de información os días do evento.

 

Vémonos!

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload

Buscar por tags
Please reload

Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Negro del icono de Blogger