© 2018 by APARIT STUDIO

Praza San Agustín, 1, 15001 A Coruña

Suscríbete

< CREADORAS ATLÂNTICAS: un evento de emprendedoras para emprendedoras, nas Galerías de San Agustín >

October 10, 2018

Os vindeiros 13 e 14 de outubro, terá lugar nas Galerías de San Agustín (A Coruña) o evento CREADORAS ATLÂNTICAS. Un novo mercado de artesáns e produtores aberto ao público, que se desenvolverá na liña dos que se veñen celebrando nos últimos meses neste espazo, pero cunha peculiaridade: todas as marcas expositoras serán de mulleres emprendedoras e empresarias. 

Ademais do espazo de mercado e stands de venda, nesta ocasión, realizaranse actividades de visibilidade, formación e networking, onde todas as asistentes, expositoras ou visitantes, poderán dar a coñecer, de xeito gratuíto, as súas marcas e proxectos emprendedores. 

CREADORAS ATLÂNTICAS, organizado pola comunidade de mulleres emprendedoras, Mulleres Atlânticas e o Estudio Aparit, empresa concesionaria e organizadora dos eventos do Mercado de San Agustín, será un escaparate para marcas e proxectos capitaneados por mulleres emprendedoras, galegas e do Norte de Portugal. Un espazo para presentar e poñer á venda os seus produtos e servizos, e un punto de encontro para conectar con outras emprendedoras e empresarias co obxectivo de poñer en marcha posibles colaboracións.  

 

 

 

A música e a gastronomía coma sempre non faltarán, como tamén haberá zona infantil gratuita para os mais pequeños.

 

A convocatoria para reservar os stands xa está aberta, e pódese ampliar esta información nas webs corporativas: www.mulleresatlanticas.com e en www.galeriassanagustin.com así como no Evento de Facebook da convocatoria, e nas redes sociais (Instagrame Facebook) de ambas comunidades: @mulleresatlanticase @ galeriassanagustin

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload

Buscar por tags
Please reload

Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Negro del icono de Blogger